Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de novembro 17, 2013

"ANOMALÍAS" NA LINGUA?

Ás veces encóntranse na lingua "anomalías" que parecen obvias, pero que se continúan reproducindo e copiando duns dicionarios ou gramáticas a outras sen razoar sobre iso, se cadra é porque ninguén reparou nelas. Unha das últimas cousas que me chamou a atención é a etimoloxía que os dicionarios dan para hostia . Varias persoas tíñanme preguntado se hostia era con hache, se era diferente hostia 'oblea' de hostia 'golpe', e incluso a palabra malsoante. Buscando nos dicionarios e en internet vin que hostia aparece nos dicionarios de galego e castelán como unha única palabra, unha soa entrada nos dicionarios con dous semas básicos: un relacionado coa linguaxe relixiosa, que remite á etimoloxía latina de hostia 'vítima ofrecida en sacrificio' e outro sema relacionado con golpe, impacto, agresión. A simple vista non teñen moito que ver estes dous semas, e incluso se podería pensar que debaixo desa palabra haxa dúas palabras con etimoloxías diferentes. A miñ