Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de junho 26, 2011

HERBAS DE SAN XOÁN

Na véspera de san Xoán, antes de que se meta o sol, hai que apaña-las herbas, que varían dependendo da zona. Na actualidade recóllense as herbas que máis arrecenden, o principal obxectivo é que a auga cheire ben cando se lave a cara no outro día á mañá, mesmo así, inda hai xente que as apaña todas seguindo o ritual antigo. Esta plantas non teñen porque ter un arrecendo demasiado forte, apañábanse porque son medicinais e usábanse despois secas en remedios. O ritual di que a auga onde se boten as herbas de san Xoán ten que ser de sete fontes diferentes. Follas de cana de sete canavais diferentes. Follas e flores de limoeiro e de laranxeiro. Follas de figueira branca. Follas de viña branca. Pétalos de rosa. Silva macho, rosa brava ( Rosa canina ) Follas e flores de croque ou estralotes ( Digitalis purpurea ). Follas e flores de croque branco ou croquillo ( Verbascum ). Funcho, fiúncho, fiollo ( Foeniculum vulgare ) Tromentelo ou tromentelo do monte ( Thymus ) Macela ( Matrica