Ligazóns: Insulta en galego
Hai moitas frases feitas, ditos e refráns que están sendo substituídos por castelanismos por falta de difusión, porque nas televisións se oen máis e máis tempo en castelán, saquemos os nosos á luz!!!
Este blog naceu porque quería recoller as palabras da miña avoa, Carme d'Isolina, unha muller sabia. Co paso do tempo foi medrando coas palabras da miña familia paterna (Torroso, Mos) e da miña familia materna (Arcade, Soutomaior) e funo enriquecendo con palabras doutras procedencias que me parecían curiosas.
MARMANXO: persoa aparvada, pouco espelida, torpe.
ResponderEliminarTamén existe o aumentativo marmanxón.
En portugués existe marmanjo e marmanjão.
Arcade (Soutomaior), Torroso (Mos).
XALBOTE/A: persoa inocentona, sen malicia, pouco espelida que non se sabe defender ben.
ResponderEliminarTamén existe a variante xarbote noutras zonas como Moraña.
Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior).
POUFEIRO/A: persoa sedentaria que está sempre sentada, que lle custa moverse, que se cansa sempre está setada seguido.
ResponderEliminar-Es máis poufeiro mighiño, tás todo o día deitado coma unha vaca!!
Tamén existe a variante foupeiro/a recollida no Dicionario de Dicionarios.
Torroso (Mos).
XOTO/A: persoa pouco espelida, que non é ben axexada, que lle falta unha fervura.
ResponderEliminarTorroso (Mos), Arcade (Soutomaior)
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarMARÍA GHOBERNICHO: Persoa á que lle gusta mandar nos demáis e organizar todo sen ter en conta a opinión doutras persoas.
ResponderEliminar- Es unha María Ghobernicho, todo o hai que facer como ti dis!
ZAMPANÒ: parvo, parvallán. Palabras textuais: "un parvallán, que non sea parvo de todo, que non sea atrasado de todo, un parván".
ResponderEliminarNo Dicionario de dicionarios aparecen as formas: zampá, zampán, zampón cos significados de gordo, comellón, odre.
Arcade (Soutomaior)
PAMPALLÓN, PAMPALLONA: aparvado, parvallán, apampado.
ResponderEliminarTorroso (Mos), Arcade (Soutomaior)
LAPAXOUBAS: persoa de pouco carácter, pouco espelido; xanciño, parván, parvallán.
ResponderEliminarMANDILEIRO: home que se mete en cousas de mulleres; maría mandiles, coneiro.
ResponderEliminarTorroso (Mos), Arcade (Soutomaior).
GALERA: muller mala e agresiva que anda sempre metida en liortas. Desvergonzada, que lle gusta a festa. Tamén se utiliza para as galiñas malas que lle petan ás outras e as que escapan sempre do galiñeiro.
ResponderEliminarNo Dicionario de dicionarios aparece garela; en Lugo dise galoria.
Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)
COIRÓN: persoa dura que non a afecta nada, que non demostra os seus sentimentos ou que non os ten.
ResponderEliminar-É coma un coirón, morreulle o pai hai unha semana e anda tan campante.
-Ese é un coirón de muito nabo, non chora por nada.
Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)
CABALOTO: persoa brutallona; cabalón.
ResponderEliminar-Que cabaloto é, bótache unha man ó lombo e desfaite.
Torroso (Mos), Arcade (Soutomaior)
GHAIPIRO: home pequeno e fraco, sobre todo fraco, cativo. Cirighaitas, esfilítico.
ResponderEliminar-Pero que home é ese, ese é un ghaipiro, vén o vento e lévao.
CIRIGHAITAS: home moi fraco. Esfilítico.
-Pero a onde vai ese cirighaitas, daslle unha piña e chegha ó ceu
Esfilítico de sifilítico.
Torroso (Mos)
PISIÑAS: home sen carácter que se deixa dominar por calquera. Home débil e apoucado; xanciño, panxoliño.
ResponderEliminar-Ese é un pisiñas, a muller fai del un pandeiro.
Torroso (Mos)
CHAMBRIÑAS: home sen carácter, apoucado, xanciño, panxoliño.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarPANXOLIÑO/-A: persoa sen carácter, pouca cousa, debilucho, tanto no carácter coma fisicamenta; chaíñas, chambriñas, pisiñas.
ResponderEliminarÉ curioso que tódolos insultos para homes están relacionados con cousas femininas ou con cousas pequenas:
-chambriñas de chambra que é unha camisa de muller, unha blusa.
-pisiñas de pisa, pisa pequena.
-xanciño, un Xan pequeno.
-chaíñas
-mandileiro de mandil.
-María mandiles
-coneiro de cona.
E seguro que hai moitos máis.